Publicacións

Mostrando publicacións desta data: December, 2015

O bautizo nobre e xermano que proba a existencia de Vía Künig nos Ancares

Imaxe
Hai 235 anos un matrimonio do Reino de Hungría bautizaba en Baralla a un neno cando facían o camiño

Os integrantes do colectivo do patrimonio dos Ancares non salguen do seu asombro co recente achado dun documento bautismal depositado no Arquivo da Diocese de Lugo e que demostraría o uso que tivo a coñecida como Vía Künig como unha variante do Camiño Francés a Santiago, especialmente durante os meses de inverno.
A investigadora María José López Caldeiro atopou no Libro Primeiro de Bautismos de Santa María de Pacios, parroquia de Baralla, unha anotación do 14 de decembro de 1780, na que o cura de entón, Pedro González Valcárcel, bautizou a un neno nacido o día 12 do mesmo mes e ao que chamaron os seus pais Jacob María. A importancia deste dato tan feliz en aparencia é que os seus pais se atopaban de paso, facendo o camiño pola Vía Künig.
Os integrantes do Colectivo Patrimonio dos Ancares están investigando el origen y el estatus del matrimonio que paró en la aldea de Baralla camino de …