Publicacións

Mostrando publicacións desta data: October, 2015

Baralla, un ano despois do petardazo

Imaxe
Nun par de semanas abrirá o consistorio esnaquizado por 5 quilos de explosivo

Hai un ano que parte do consistorio de Baralla saltou polo aire como consecuencia dos cinco quilos de metralla contidos nunha pota a presión que presuntamente membros de Resistencia Galega rebentaron nas primeiras horas da madrugada do 2 de outubro. Doce meses despois, o edificio municipal volve estar relucente por fóra, pero continúa pechado porque dentro aínda falta o mobiliario que chegará pronto. Nos próximos días haberá mudanza desde a casa da cultura, que foi concello improvisado, ata o edificio de sempre.
O alcalde, Manuel Jesús González Capón, conta con que en quince días poidan volver os funcionarios ao consistorio e que regrese a normalidade. Mentres tanto, continúan as obras de instalación dun ascensor na parte posterior do edificio. «A «broma» custoulle ao erario público uns 300.000 euros», dixo onte o rexedor que considera despreciable que algúns se dediquen a pór bombas.
Onte, a única pota que…