Capón repite como número un na lista do PP de Baralla tras 30 anos como alcalde

O candidato afirma que seguirá na liña emprendida ata agora, defendendo aos veciños e traballando para eles


Alcalde de Baralla
O veterano Manuel Jesús González Capón (Baralla, 1951) repetirá como candidato do PP á alcaldía de Baralla nos comicios do próximo mes de maio. Así o anunciou esta mañá o líder dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, que resaltou o traballo desempeñado polo rexedor desde 1987.
O presidente provincial destacou a experiencia de Capón, que leva preto de 30 anos rexentando este concello e manifestou que a total entrega e o compromiso cos seus cidadáns fan que consiga nos comicios electorais amplas maiorías.
González Capón é ademais vocal electo no Comité Executivo da provincia e deputado na Deputación de Lugo.

La Voz de Galicia - MARTA DE DIOS

Comentarios

Entradas populares

LISTAS ELECCIONS LOCAIS CONCELLO DE BARALLA 24M 2015