Un veciño de Baralla simulou que lle picaron as rodas do tractor para implicar a outro co que se leva mal

O denunciante foi imputado pola Garda Civil

A Garda Civil imputou a un veciño de 53 anos de Quintá de Riba de Neira (Baralla) como suposto autor de simulación de delitos. Denunciou que, cando conducía un tractor da súa propiedade por un camiño próximo ao seu domicilio, sufriu unha avaría consistente en picadas múltiples en tres das catro rodas do vehículo e que na reparación das mesmas acháronse incrustados ata 8 chavos, considerando que estes feitos foran deliberados.

A investigación da Garda Civil revelou que o denunciante dixo ter sido vítima dunha infracción penal inexistente, co único propósito de implicar a outro veciño do lugar co que mantén desavinzas como consecuencia da explotación duns terreos comunais.

22 de setembro de 2014


Comentarios

Entradas populares

LISTAS ELECCIONS LOCAIS CONCELLO DE BARALLA 24M 2015