SAN VITORIO 2014


Fotos de Instagram co Hashtag #sanvitorio2014



Baralla vaise de romaría campestre

25/08/2014 - Emma Quiroga / El Progreso


A área recreativa fluvial do municipio de Baralla, situada xunto ao río Neira, encheuse onte de decenas de familias e amigos con todo tipo de viandas para comer e gozar dun caloroso día de romaría campestre.

Outro ano máis se festexa ao principio das festas patronais de San Vitorio e, agora, é considerado o día no que participa máis xente. «Outros anos facíase ao finalizar as festas e a xente non respondía de igual xeito porque xa estaban cansados de tanto festexo», explica Ana Latorre, veciña de Baralla que asiste todos os anos á romaría xunto a un grupo de once persoas máis; entre eles un valenciano e tres asturianos, que degustaron unha paella elaborada alí mesmo, baixo a sombra das árbores, unhas tortillas, embutidos variados e unha ampla repostería.


Comentarios

Entradas populares

LISTAS ELECCIONS LOCAIS CONCELLO DE BARALLA 24M 2015