Publicacións

Mostrando publicacións desta data: June, 2014

De Lara reclama á Garda Civil o atestado da mandíbula de Baralla

Imaxe
Podería acabar formando parte das dilixencias da operación Carioca A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara solicitou á Garda Civil unha copia do atestado relacionado coa mandíbula atopada nun cortello abandonado dunha aldea do Val de Neira de Rei, en Baralla. Todo apunta a que a xuíza está interesada en coñecer os pormenores do caso, tendo en conta que na operación Carioca investiga a desaparición dunha persoa que, ao parecer, estivo relacionada co Queens. Unha copia do documento podería ser incorporada ás dilixencias por se nalgún momento fose preciso encargar algún tipo de xestión ou proba. Ademais da Garda Civil, o xulgado de Becerreá intervín no feito pero, que se saiba, non encargou absolutamente ningunha xestión para tratar de pescudar a quen corresponde dita peza que, segundo as primeiras análises, correspondería a unha muller nova falecida non hai moito tempo. A peza foi levada ao lugar, por un can, segundo explicou quen a atopou. Esta persoa, que p…

O achado dunha mandíbula de muller en Baralla reaviva o caso do cadáver do Queen's

A peza humana contén un dente que pode resultar decisivo á hora de levar a cabo unha análise xenética O achado dunha mandíbula de muller nun cortello abandonado dunha aldea de Baralla reaviva o caso do corpo que presuntamente foi enterrado no club de alterne Queen's, centro de operacións da operación Carioca. O resto humano achado de forma casual foi obxecto dunha primeira análise que reflicte que non se trata dunha peza procedente dunha fosa da época da Guerra Civil. Agora falta por determinar de cando podería ser. Os estudos iniciais reflicten que a misteriosa mandíbula pertence a unha muller nova a tenor das características do dente que conserva. Esta peza dentaria, explicaron algúns especialistas, podería ser decisiva no futuro para poder levar a cabo unha análise de tipo xenético que podería conducir á identificación, aínda que se trata dunha tarefa moi complicada. O achado realizouno un mozo da zona próxima a Baralla, que avisou á Garda Civil. O resto atopábase tirado nun c…