O BNG de Baralla pide a retirada do PXOM tras máis de 400 alegacións

01/02/2014 - Pilar Cheda / El Progreso (Baralla)

O BNG de Baralla volveu a reclamar a retirada do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Considera que as preto de 400 alegacións presentadas polos veciños ao documento demostran que «non representa a proposta urbanística que a vila, os núcleos rurais e o territorio de Baralla precisan e non soluciona os problemas existentes».

Os nacionalistas pídenlle ao alcalde, o popular Manuel González Capón, que «retire o PXOM que presentou e proceda á reformulación». Afirman que o plan «limita o desenvolvemento económico e social do concello por basearse en obxectivos e previsións afastadas da realidade».

Comentarios

Entradas populares

LISTAS ELECCIONS LOCAIS CONCELLO DE BARALLA 24M 2015

Una piedra que se encontró en Baralla hace 20 años es un hacha del neolítico