Publicacións

Mostrando publicacións desta data: February, 2014

Miguel Fernández expón no MIHL

Imaxe
A partir de 8 de Marzo Miguel Fernández expón no MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo)



O MIHL abre de martes a sábado de 16:30 a 20:30 horas. A entrada é gratuíta. Para visitas de grupos hai que concertar cita previamente na Oficina Municipal de Turismo de Lugo, Praza do Campo 11 ou no teléfono 982 25 16 58.
Enlaces:
Paxina do MIHL
Blog de Miguel Fernández
Banda deseñada Miguel Fernández

Video Entrevista a Miguel No telexornal da 1 a partir do minuto 20:22
Telexornal-Galicia - 18/02/14

ENTROIDO 2014 BARALLA

Imaxe
CONCURSO DE DISFRACES  2 de Marzo as 18:00
PREMIOS Só para maiores de 11 anos
Comparsas (mínimo 4 persoas) 1º Premio 150€ 2º Premio 100€ 3º Premio 50€
Individuais 1º Premio 60€ 2º Premio 40€
Premio ESPECIAL a mellor parella  de 50€
Os menores de 11 anos que veñan disfrazados recibirán un agasallo
DESPOIS BAILE EN "OS PORCHES"
Os concursantes sairán do colexio as 6 da tardes, logo percorreran as rúas da vila ata o Centro Sociocultural
Para concursar é necesario apuntarse no colexio antes de sair o desfile
Organiza a Asociación Cultural Airiños do Neira
Colaboran O Concello de Baralla de a Diputación de Lugo

Adega presenta alegacións para impedir a tala de 335 carballos e castiñeiros en Baralla

Imaxe
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) presentou ante a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) unha serie de alegacións para que impida a talla de 335 árbores, entre carballos e castaños, no concello de Baralla. A área que resultaría afectada por estes traballos atópase situada na marxe esquerda do Rego do Convento, un afluente do río Neira, e afectaría de forma directa á Carballeira de Arandedo, un dos espazos ambientais máis destacados do municipio e que, de feito, está recoñecido como «valor natural a protexer», no plan xeral de urbanismo de Baralla, actualmente en tramitación.
13/02/2014 - Arturo Reboredo / El Progreso (Lugo)

El PSOE critica que una carretera de Baralla lleve cerrada al tráfico cinco años

El grupo socialista del Ayuntamiento de Baralla denuncia que uno de los accesos a las parroquias de Lebruxo y Recesende está cerrado desde hace cinco años por un desprendimiento de tierra, "lo que obliga a los vecinos a tener que usar un camino forestal que ni siquiera está asfaltado". Los socialistas responsabilizan directamente de esta situación al alcalde, el popular Manuel González Capón, y le acusan de "incompetencia manifiesta", porque, "en cinco años, no fue capaz de restablecer la circulación por esta vía de titularidad municipal". Este asunto fue planteado por el grupo del PSOE en el último pleno "porque se trata de una cuestión de extrema necesidade" y porque consideran que "es de justicia" que los ciudadanos puedan disponer de unos servicios básicos para acceder a sus viviendas.
05/02/2014 - F. G. / El Progreso (Lugo)

Google streetview en Baralla

Imaxe
Para os que non o sepais, xa fai un tempo que se poden ver imaxes de Baralla en Google streetview e non me refiro só a N-VI senon a case todalas rúas da vila e a maioria das aldeas.

Enlace a vista da plaza de Baralla en streetview



Enlaces directos en outras ubicacións:

Os Mazos
Canpesa
Basille
Villartelin
Serra de Teixera de Arriba
Castrolanzan
Vale

O BNG de Baralla pide a retirada do PXOM tras máis de 400 alegacións

01/02/2014 - Pilar Cheda / El Progreso (Baralla)

O BNG de Baralla volveu a reclamar a retirada do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Considera que as preto de 400 alegacións presentadas polos veciños ao documento demostran que «non representa a proposta urbanística que a vila, os núcleos rurais e o territorio de Baralla precisan e non soluciona os problemas existentes».
Os nacionalistas pídenlle ao alcalde, o popular Manuel González Capón, que «retire o PXOM que presentou e proceda á reformulación». Afirman que o plan «limita o desenvolvemento económico e social do concello por basearse en obxectivos e previsións afastadas da realidade». Máis información sobre o PXOM