Publicacións

Mostrando publicacións desta data: October, 2013

O alcalde de Baralla, primeiro do PP que apoia a ILP para pedir servizos para o Hula

O alcalde de Baralla (Lugo), Manuel González Capón (PP), asinou a favor dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para que se dote de servizos de Radioterapia, Medicina Nuclear e outros ao Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula), unha proposta que promoven a Federación de Asociacións de Vecinos de Lugo e outros colectivos sociais da provincia.

A iniciativa, nacida baixo a lema de 'Vinte mil razóns' co fin de conseguir 20.000 firmas, 5.000 máis das que se precisan para levar a reclamación ao Parlamento galego, reuniu este fin de semana case 9.000, segundo explicaron fontes da federación.
Segundo informa Europa Press, Capón recoñeceu que asinara "sen ningún problema", converténdose así no primeiro alcalde popular que se compromete coa campaña para que se dote dos servizos de Hemodinámica, Medicina Nuclear e Radioterapia ao Hula.
"Sabemos das dificultades económicas, pero de todos os xeitos o facer forza e o intentar que nolos poñan en Lugo é unha vantaxe e vi…

Versos en Baralla polo día do maior

Imaxe
Os residentes do centro San Vitorio, de Baralla, celebraron onte o Día Internacional das
Persoas Maiores cunha xornada de portas abertas que tivo como acto central unha lectura de poemas por parte dos homenaxeados.

Durante os últimos días, os residentes do centro de Baralla traballaron a lectura de poemas, coñeceron distintos estilos e autores e elixiron algúns que lles gustaron para recitar no acto de onte ante os seus compañeiros.
Persoas Maiores cunha xornada de portas abertas que tivo como acto central unha lectura de poemas por parte dos homenaxeados.
Durante os últimos días, os residentes do centro de Baralla traballaron a lectura de poemas, coñeceron distintos estilos e autores e elixiron algúns que lles gustaron para recitar no acto de onte ante os seus compañeiros. Artigo Publicado en El Progreso 2-10-2013