Os veciños do autor do disparo de Baralla son quen pagaron a súa fianza

Eladio Fernández está a adaptarse aos poucos despois de ter pasado case sete meses no cárcere

Hai agora tres días que Eladio Fernández, autor confeso do disparo que feriu ao seu veciño de Piñeira (Baralla) José Luis García, quedou en liberdade provisional a espera de xuízo. Unha das condicións que impuxo a Audiencia Provincial foi o pagamento dunha fianza de 6.000 euros, unha cantidade que foi abonada polos propios veciños e amigos de Eladio. Hai uns meses creouse a plataforma veciñal de apoio ao autor confeso, co lema «Eladio, estamos contigo ¡Isto víase vir!», e entre as súas actuacións, ademais de manifestacións, incluíron a apertura dunha conta bancaria para que todos os que o apoian achegasen fondos.

Agora ese diñeiro serviu para pagar a súa fianza, un xesto que non fixo máis que aumentar a emoción que sente este veciño de Baralla ao comprobar o apoio dos seus seres queridos. Fuentes próximas a Eladio Fernández explicaron que este se está adaptando aos poucos despois de ter pasado case sete meses no cárcere e que se emociona con moita facilidade porque, aínda que sabía do apoio dos seus familiares e veciños, non imaxinaba que fose de tal magnitude.
Este barallés, ao que se acusa de homicidio frustrado e tenencia ilícita de armas, ten unha orde de afastamento da vítima, José Luis García, e debe presentarse semanalmente no xulgado.

Comentarios

Entradas populares

LISTAS ELECCIONS LOCAIS CONCELLO DE BARALLA 24M 2015