Os cortes de luz están a causar perdas importantes nos negocios en Baralla





Un refacho de vento fixo que o lume dunha cacharela prendese na medianeira dun edificio de Baralla, de onde se propagou aos cables da luz. Como resultado, a vila quedou sen subministración eléctrica durante varias horas. 

Pero o problema agravouse aínda máis cando volveron conectar a luz. Debido a que os técnicos invertiran unha fase, as máquinas funcionaron ao revés nos negocios afectados. 

Segundo os empresarios de Baralla afectados polos cortes de luz, o problema principal radica neste transformador de Unión Fenosa. Din que falla ata dúas veces ao mes, coas conseguintes perdas para os nos seus negocios. 
A panadería afectada subministra pan a toda a provincia de Lugo e mais a León.


Visto na web da CRTVG

Nota: Debido a problemas co reproductor da páxina da CRTVG no móvil non se ve o video superior onde sae exclusivamente a nova de Baralla. Pódese ver en calquera navegador para PC ou Mac sin problema. No video inferior está dispoñible o informativo completo. 






Comentarios

Entradas populares

LISTAS ELECCIONS LOCAIS CONCELLO DE BARALLA 24M 2015

Una piedra que se encontró en Baralla hace 20 años es un hacha del neolítico