Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May, 2013

Roteiro polo Val de Neira (Baralla) afectado polos estudos de explotación da mina de ouro

Imaxe
Tratase dun Roteiro circular de percorrido maioritariamente chan duns 8 km onde teremos ocasión de coñecer este fermoso val e visitar unha ponte romana, unha piscifactoría, unha igrexa prerrománica e un mazo, camiñando parte do tempo pola Vía Romana XIX. Ao final do mesmo comeremos todos/as xuntos/as. É necesario que cada quen leve a súa comida.
A previsión de duración inicial é desde as 11:00 horas rematando o roteiro despois de xantar.
O punto de encontro para a saída do Roteiro será o Restaurante Fonte de Saúde, en Neira de Rei (Baralla). Indo pola autovía saída no km 461 (Neira de Rei / Baleira), collendo dirección Baleira atoparémonos nuns 200 metros co citado restaurante.