Unha muller inventa que unha banda lle roubou a carteira e unha pulseira en Baralla

A historia que creou tivo «premio»: 640 euros de multa

  
  Creou unha historia falsa que lle supuxo un «premio» consistente nunha sentenza condenatoria por denuncia falsa. A asignación foi unha multa de 640 euros que terá que abonar unha veciña de Baralla que se presentou no cuartel da Garda Civil para dicir que unha banda lle roubou non só a carteira senón tamén unha pulseira de prata. Aínda puido saírlle máis cara a súa inventiva porque o fiscal pedía inicialmente que fose condenada cunha multa consistente no pagamento de seis euros diarios durante nove meses. Antes de iniciarse o xuízo, con todo, o avogado defensor e a acusación pública chegaron a un acordo que evitou a celebración da vista tras unha redución da pena e o recoñecemento dos feitos por parte da muller.
  Os feitos, resoltos agora xudicialmente en Lugo, datan da mañá do 26 de agosto de 2011 que foi cando a falsa vítima de roubo dixo ter sido asaltada nun camiño de Baralla. En principio crérona, pero ao avanzar as dilixencias, no xulgado de Becerreá déronse conta de que a historia non tiña nin pés nin cabeza e acabaron arquivando o asunto. O fiscal, con todo, considerou que tanta inventiva tiña que ter «premio» e por iso acusouna de denuncia falsa e obrigouna a pasar polo banco.
Fonte|La Voz de Galicia 8/3/2013

Comentarios

Entradas populares

LISTAS ELECCIONS LOCAIS CONCELLO DE BARALLA 24M 2015