Plataforma de Apoio a Eladio Fernández Vázquez


Páxina da Plataforma de apoio a Eladio de Piñeira http://eladioestamoscontigo.com/


Deixovos aquí o manifesto en apoio a Eladio que aparece na páxina



Manifesto por ELADIO FERNÁNDEZ VÁZQUEZ

Eladio Fernández Vázquez, de 48 anos de idade e residente na parroquia de Piñeira, no concello de Baralla (Lugo), está considerado coma unha persoa exemplar polo resto de veciños do concello de Baralla.

Eladio, xunto coa súa irmá, desvivíase polo coidado do seu pai, inválido dende fai 8 anos e dependente dos seus coidados. Por este motivo mantiña a súa residencia en Piñeira, a pesares de ter o seu traballo en Lugo. Ademáis, no seu tempo libre, amósabase disposto a axudar aos seus veciños en calquera tarefa sempre que estes precisaban da súa axuda. Isto convertíao nun veciño moi querido e apreciado.

Dende fai anos, a parroquia de Piñeira vive nunha situación de convivencia insostible debido a actitude e comportamento conflitivo dun dos seus veciños. Isto vese recoñecido polo resto de residentes do concello na súa adhesión á plataforma de apoio a Eladio, nas decenas de denuncias interpostas contra esta persoa, nas condenas que se lle impuxeron a este individuo por diversos delitos ou na recollida de firmas presentada ante o Subdelegado de Goberno de Lugo no seu momento. Pero todos estos feitos non serviron para poñer solución á situación que se vive na parroquia.

Son moitos os veciños que se sinten ameazados ou vítimas desta persoa e que non atopaban solución aos seus problemas nos distintos organismos aos que recorren: Guardia Civil, Organismos Xudiciais ou Administracións Públicas, vendo como os problemas se agravaban día a día e a situación se volve cada vez máis tensa e insostible.

Así chegamos aos feitos acontecidos no 19 de Xaneiro de 2013 ás 23:00 cando Eladio, alertado polos ladridos do seu can e temoroso de posibles roubos, saía a comprobar que ocorría no exterior da súa casa. Foi neste intre cando se atopou co veciño confitivo que viña disposto a agredilo cunha barra de ferro. Eladio saía armado e disparou a súa arma para protexerse deixandoo ferido. Se queres consultar máis detalles dos feitos
preme aquí.

Na actualidade, o denunciante está na súa casa tras unha semana no hospital e continúa a amosarse desafiante co resto de veciños. Mentres que Eladio se atopa detido á espera de xuízo, deixando unha situación dramática cun pai dependente da súa atención. E así, a súa familia, a parroquia de Piñeira e o concello de Baralla teñen que seguir sufrindo a actitude conflitiva e desafiante deste veciño problemático.


AXUDÉMOSLLE A ELADIO
Podes facer a túa doazón na seguinte conta:
2080 0105 35 3000058893
DE NOVAGALICIA BANCO

Comentarios

  1. Me parece vergonzoso que el ayuntamiento se posicione en un tema así. Los hechos ocurrieron y es culpable de ello. Creo que un ayuntamiento debe dar ejemplo y de esta manera demuestra que no todos son iguales, sino que hay favoritismo dependiendo la opinión de la mayoría (que es igual a votos).Y en este caso debería mantenerse al margen. O cambiar lo que esté en su mano para que este tipo de problemas se solucionen antes de que lleguen tan lejos (me refiero a la multitud de multas que se supone que tenia la victima, por parte de sus vecinos)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares

LISTAS ELECCIONS LOCAIS CONCELLO DE BARALLA 24M 2015

Una piedra que se encontró en Baralla hace 20 años es un hacha del neolítico