O toureiro de Baralla

Abelardo Armada 'El Galleguito'

Saíu de Covas, unha parroquia de Baralla con soutos, prados e leiras molladas polas augas troiteiras do Neira, e foise para Madrid, a finais dos anos sesenta, Abelardo Armada andou polos camiños do triunfo, comprou os trastos de tourear, capote, muleta e estoque, e vestiuse de luces. Algúns locais de hostalaría da capital tiñan pendurados, das paredes, carteis co seu retrato anunciando que "Galicia tiene un torero, Abelardo Armada, ¡El Galleguiño¡" Escoitara falar algunhas veces, poucas, do veciño Alfonso Cela (Carracedo-Láncara, 1886-1932), o toureiro Celita, que despois de triunfar na praza de Sevilla, converteuse no 'Gallegaso'.
Foi que de manter a amizade daqueles ós que nunca nos gustaron os touros, nin o toureo, nin o maltrato ós animais, nin nada de nada deso que outros teñen como o espectáculo valorado. O toureiro de Baralla posuíu sempre as habelencias necesarias para observar a bravura, templar e encarrilar a embestida. Agora, a faena está disposta. Un día, antes da Semana Santa, Martín de Santo André, na mesma parroquia de Covas, baixará da Residencia e iremos os tres ata a ponte dos Mazos e, despois, á vila, ao bar do Garda Ríos para comer, outra vez, fígado encebolado, empanada de carne de cabra asada ou de vaca, estofada.

Artigo escrito por LUIS CELEIRO e publicado na contraportada do Progreso de Lugo o día 4/03/2013

Comentarios

Entradas populares

LISTAS ELECCIONS LOCAIS CONCELLO DE BARALLA 24M 2015