O Concello de Baralla inicia os trámites para a cesión do centro de saúde a Sanidade

O Concello de Baralla iniciou os trámites para ceder a Consellería de Sanidade o centro de saúde, ata o de agora dependente da administración local. Este proceso é habitual na maioria dos concellos onde a xestión dos centros de atención sanitaría dependía dos gobernos locais. O procedemento consiste na apertura dun expediente administrativo para proceder á cesión gratuita do edificio en favor do citado departamento da Xunta, o cal a partir de que sexa efectivo se encargará da súa xestión. Nas próximas dúas semanas, estará aberto o plazo de alegacións con respecto ó expediente do centro de Baralla. Nese tempo, as persoas que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas. A documentación sobre este trámite pode consultarse nas dependencias municipais en horario de oficina.

Fonte: Diario El Progreso 8 de Marzo de 2013

Comentarios

Entradas populares

LISTAS ELECCIONS LOCAIS CONCELLO DE BARALLA 24M 2015

Una piedra que se encontró en Baralla hace 20 años es un hacha del neolítico