A Galicia negra dos 80 baixo o cometa Halley

Atopei este artigo, en galego, é máis completo co anterior no diario dixital Praza pública


Páxina de Os días do cometa

Galicia dos anos 80. Nalgunha vila do interior. Os comezos dunha corrupción que agora nos é moi familiar.O narcotráfico amplíase cada vez máis e máis, tecendo unha rede que cobre cada palmo de terreo. E no ceo, entre as estrelas, o cometa Halley atravesa a negrura da noite, entre presaxios e vaticinios. Ese é o pano de fondo escollido polo ilustrador Miguel Fernández e o xornalista Manolo López Poy para a súa nova novela gráfica conxunta publicada por Demo EditoraOs días do cometa. “A obra está ambientada nos oitenta, cando o Halley sobrevoa Galicia. Ese é un momento de predicións catastrofistas e en medio dese ambiente, prodúcense unha serie de axustes de conta”, resume a obra Manuel Poy, quen subliña que o cómic transita polas claves habituais do xénero negro.

Cuberta de Os Dias do Cometa
Un xénero no que os dous autores xa furaran no seu anterior traballo, O fillo da furia. Naquel traballo, realizábase un retrato de Mamed Casanova, bandoleiro galego de comezos do século XX coñecido co seudónimo de Toribio. Un personaxe singular do imaxinario colectivo daquela época do que Ramón María del Valle-Inclán chegou a dicir que era “fermoso como un bastardo de Cesar Borgia”. “No retrato de Mamed Casanova nada delata o asasino. O seu rostro  mesmo pode ser dun monxe penitente ou dun fidalgo sombrío. Casanova matou sempre sen saña, con frialdade, como matan os homes que desprezan a vida e que, sen dúbida, por iso non miran como un crime dar a morte”, explicaba o escritor de Luces de bohemia.
“Agora empregamos o mesmo estilo que daquela, cun branco e negro ben definido, aínda que máis rotundo, sen espazo para os grises. En realidade, é unha evolución, un paso máis nesa estética, pero sacándolle punta”
Ese era o retrato que trazou Valle Inclán do bandoleiro e esa foi a historia que quixeron retratar en 2010 Manuel Poy e Miguel Fernández. Nesa primeira obra, xa se albiscaban unha serie de características do xénero policial. En branco e negro, narraron e debuxaron a historia do bandoleiro empregando as mesmas claves nas que agora afondan n'Os días do cometa. Dalgún xeito, é unha continuidade do álbum do bandoleiro. Se n'O fillo da furia abordaban a violencia de comezos do século XX; agora, nesta nova obra, mergúllanse noutra violencia diferente, a propia dos anos oitenta. O país é o mesmo, aínda que mudou entre un momento histórico e outro. A violencia, seguramente, é a mesma, aínda que as súas formas son diferentes. E o estilo gráfico e o deseño son semellantes, pero evolucionan a un estado maduro. “Agora empregamos o mesmo estilo que daquela, cun branco e negro ben definido, aínda que máis rotundo, sen espazo para os grises. En realidade, é unha evolución, un paso máis nesa estética, pero sacándolle punta”, explica o debuxante Miguel Fernández. “Hai unha evolución o debuxo, pero mantendo as claves do xénero negro. Quizais, un xénero máis concreto máis propio: o negro-rural”, engade 
Os autores
Manolo López Poy. É de Sarria (Lugo); marchou a Madrid a estudar xornalismo, e alí exerceu durante moitos anos ese oficio. Despois viñeron xornais, radios e televisións en Andalucía, Galicia e Cataluña. Ultimamente traballa como periodista freelance para revistas de música, viaxes e motor. É director do documental La frontera de papel: cinco historias de nostalgia y esperanza. Publicou o libro Camino a la libertad: historia social del blues, codirixe o programa de radio Bad Music Blues. Dá conferencias sobre novela negra, cómic e cultura da discapacidade.
Miguel Fernández Vázquez. Nacido en Baralla (Lugo), estudou deseño gráfico na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón, de Lugo, ademais de realización de audiovisuais na Escuela Superior de Imagen y Sonido CES (Madrid), e cinema de animación e debuxos animados na ECAM (Escuela de Cinematografía y del Audiovisual de la Comunidad de Madrid). Colaborou na realización da curtametraxe de animación en 2D Teatro mágico. Traballou para Animagic Studio nos filmes Los tres Reyes MagosO Cid e Jester Till. No ano 2004 acadou o premio ao mellor cómic de xénero negro na sexta edición do Festival Internacional de Cinema Negre de Manresa

Presentación de Os días da Cometa en Santiago de Compostela



Comentarios

Entradas populares

LISTAS ELECCIONS LOCAIS CONCELLO DE BARALLA 24M 2015