A área lucense e a montaña ve ben lexislar, pero non quitar soldos

  Os alcaldes consultados na área metropolitana lucense e na zona da montaña, de todas as cores políticas, están de acordo con regular os salarios, pero non con eliminalos. Un dos máis afectados de levarse a cabo a norma, sería o de Negueira de Muñiz, Xosé Manuel Braña (PSOE), que actualmente cobra uns 29.000 euros brutos ao ano. Segundo o anteproxecto, ao ser un concello con menos de 1.000 habitantes, non podería cobrar: «Nos concellos pequenos non se pode cobrar, pero traballar de alcalde si, ¿non?», afirmaba con ironía. Se finalmente sae adiante, sinala que terá que buscar un emprego (antes traballaba como administrativo). Na súa opinión, a Fegamp e a FEMP deberían actuar.
  En canto a Baralla, Manuel González (PP), non se pronuncia e recorda que este concello cumpre os baremos da norma.

  Outro alcalde ao que non lle afectaría tanto a norma é o de Outeiro de Rei, José Pardo (PP), que cobra algo máis de 45.000 euros brutos ao ano. Aínda así, non está de acordo con que algúns alcaldes non cobren. «Non é presentable; é como se un funcionario dun concello, por ser pequeno, non cobra. Iso si, que se limiten as cantidades e se poñan uns topes paréceme ben», sinalou. De todos os xeitos, recorda que o anteproxecto non está pechado e na súa opinión haberá modificacións no mesmo. Tamén matiza que os concellos pequenos non crean déficit.
  Pola súa banda, o rexedor de Cervantes, con algo máis de 23.000 euros, Benigno Gómez (PSOE), comparte basicamente estas mesmas opinións. «Paréceme normal establecer uns topes, pero ten que haber un salario digno», explica. Tamén sinala que unha cousa é ser pequeno en poboación, e outra en territorio: «Eu gasto moito en coche, e non cobro dietas, para iso teño o soldo, pero nun concello coma este un alcalde tanto saca neve como coloca unha lámpada como fai de fontaneiro, ademais da responsabilidade que ten», recorda.

Fonte | La Voz de Galicia 

Comentarios

Entradas populares

LISTAS ELECCIONS LOCAIS CONCELLO DE BARALLA 24M 2015

Una piedra que se encontró en Baralla hace 20 años es un hacha del neolítico