O veciño de Baralla que disparou contra outro afirma que non o recoñeceu


Di que estaba moi nervioso porque comprobou que había un coche que levaba as luces de urxencia postas, que levaba bastante intre dando voltas por diante da súa casa

  A xuíza de Becerreá enviou a prisión ao veciño de Piñeira, en Baralla, Eladio Fernández Vázquez, que na noite do pasado sábado disparou contra o seu conveciño, que resultou gravemente ferido. Fernández, na súa declaración, que durou hora e media, recoñeceuse autor do disparo, aínda que puntualizou que non sabía que se trataba do seu conveciño José Luis García.
  Segundo as explicacións do home acusado de homicidio frustrado e de tenencia ilícita de armas, estaba moi nervioso porque comprobou que había un coche que levaba as luces de urxencia postas, que levaba bastante intre dando voltas por diante da súa casa. Os cans non paraban de ladrar. Colleu a arma que había na casa e saíu da vivenda para comprobar que era o que estaba a ocorrer, medorento de que se tratase dalgunha banda das que están a roubar nas aldeas. Cando se cruzou de fronte coa vítima, que levaba unha barra de ferro, efectuou un disparo, coa intención de que fose intimidatorio, pero, en lugar diso, alcanzouno de cheo.
  O veciño de Piñeira negou en todo momento que efectuase o disparo a propósito de que quen estaba enfronte era o seu conveciño, co que non mantiña boas relacións.
  A pistola foi atopada pola Garda Civil. A irmá do acusado conduciunos ao lugar.
Fonte: La Voz de Galicia

Comentarios

Entradas populares

LISTAS ELECCIONS LOCAIS CONCELLO DE BARALLA 24M 2015