Ingresa en prisión o veciño de Baralla que disparou contra un gandeiro


O acusado de homicidio frustrado asegura que viu a alguén merodeando por diante da súa casa, púxose nervioso e disparou contra el, sen saber que era o seu conveciño

A xuíza enviou a prisión ao veciño de Piñeira, en Baralla, despois de que prestase declaración sobre os feitos ocorridos na noite do pasado sábado. Eladio Fernández Vázquez, de 47 anos, recoñeceu que disparara contra José Luis García Rodríguez, pero dixo que non sabía que era el. Segundo explicou, saíu da casa coa pistola porque había un coche merodeando pola zona, que levaba as luces de urxencia postas e que pasou varias veces por diante da súa vivenda. Pensou que podería tratarse de alguén que intentaba entrar na súa casa a roubar e púxose moi nervioso.
A Garda Civil atopou a arma utilizada no homicidio frustrado tirada nun monte. Localizárona grazas a unha irmá do presunto autor dos disparos.
Fonte: La Voz de Galicia

Comentarios

Entradas populares

LISTAS ELECCIONS LOCAIS CONCELLO DE BARALLA 24M 2015