A Xunta suspende mañá as clases en 33 concellos pola neve

A montaña de Lugo e Ourense entrará esta noite en alerta laranxa por neve, xa que se poden acumular máis 20 centímetros nalgunhas zonas


A Comisión de Alertas da Xunta de Galicia decidiu suspender a actividade docente de mañá nas montañas de Lugo e Ourense, debido á alerta laranxa que entrará en vigor esta noite. A partir das 12 da noite de hoxe están previstas intensas nevadas que poderán acumular ata 20 centímetros de espesor nalgunhas zonas.
Os concellos afectados pola suspensión de clases seránBaleira, Baralla, Becerreá ,Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela, na provincia de Lugo; e O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, Riós, San Xoán de Río, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso e Xunqueira de Espadanedo, en Ourense.
No resto de Galicia manterase a actividade lectiva. Con todo, por mor das nevadas tamén se decretou a alerta amarela en todo o interior de Lugo, Ourense e Pontevedra, xa que a cota de neve baixará ata 500 metros a partir da medianoite.
Meteogalicia tamén decretou a alerta vermella por mar de fondo no litoral da Coruña e Pontevedra, con ondas que poden superar os oito metros de altura. Ademais, está activada aalerta amarela por vento no litoral de ambas as provincias, xa que se esperan ventos que poden alcanzar refachos superiores a 80 quilómetros por hora.
Fonte: La Voz de Galicia

Comentarios

Entradas populares

LISTAS ELECCIONS LOCAIS CONCELLO DE BARALLA 24M 2015

Una piedra que se encontró en Baralla hace 20 años es un hacha del neolítico